Que é un blog

 

Un blog para min é a ferramenta que permite crear un espazo propio de coñecementos, hobbies, etc. que queremos plasmar na nosa rede para uso persoal ou para compartir cos demais.

Antes que existira internet, moita xente tiña unha grande dificultade por mor da súa situación persoal ou xeográfica de poder intercambiar información, ou acceder a determinada información que lle podía interesar.Iso sabémolo todos Internet significou unha revolución non só tecnolóxica, senón unha mellora e enriquecemento persoal para moitas persoas.

O blog para min é precisamente iso, unha derivación ou aproveitamento da posibilidade que nos ofrece internet, un paso mais adiante, onde xa non só non convertimos en esculcadores de información, senón que tamén queremos plasmala, baixo un deseño própio nun recuncho da rede que facemos noso e que podemos modificar, crear, compartir ou eliminar, pero onde nós temos o control.

Noutras palabras,

se internet é comunicación e información os blogs son creación.

A necesidade de ter unha marca persoal para o directivo

Moitas das persoas que abren o seu negocio pensan no que lle vai custar, a que se vai adicar e os seus clientes potenciais.

A miudo vemos na rúa como se abren entre outros, negocios, principalmente de hostelería, aínda que tamén ou ultimamente no sector do coidado da imaxe persoal. Iso que agora chamamos estética.

O problema é que na maioría dos casos o único risco que se sopesa é, si esto vai sair ben ou mal. Algo lóxico.

Pero coido que os clientes potenciais de ese negocio, aparte de isto buscamos unha determinada característica que os faga diferentes, que ofrezan algo innovador, algo que ninguén fai. Iso para min é ter unha marca persoal.

Centrándome no sector da hosteleria, porque o coñecemos todos, falarei dun exemplo dunha cafetería na cidade de Vigo que se converteu nunha cafetería de referencia.

Tal é a importancia da mesma que converteu a zona onde estaba instalada, nunha das zonas de “movida”.

Que ten esta cafetería que non teñan as demais?. A resposta para min é sinxela, “Orixinalidade”.

O dono da cafetería considerou que a verdadeira necesidade na cidade  era algo tan sinxelo como un bar onde se seguise un modelo diferente ao habitual no funcionamento dos bares e cafeterías da mesma.  Estas foron as súas claves.

– Pinchos gratis de calidade, a cárrego de cociñeiros que se adican única e exclusivamente a iso.

-Un bo plantel de camareiros para atender tanto dentro como fora do local, servindo continuamente pinchos.

-Cambiar cadeiras  e mesas, por pequenos mostradores na parte exterior.

-Presenza do xefe do local, traballando cóbado con cóbado cos camareiros.

Estas claves tan sinxelas poderían servir para calquer empresa resumidas nos seguintes conceptos:

Orixinalidade

Servicio

Seriedade

 

Tom Peters

tom-peters

Thomas J. “Tom” Peters (nacido o 07 de noviembre 1942) é un escritor americano experto en xestión empresarial,

Entre as súas numerosas obras, podemos destacar a que lle deu fama mundial “En busca da felicidade” que trata de como xestionar un negocio co menor gasto no proceso.

Pero a publicación da que vos quero falar é “The Brand You”. Un  libro denominado por él a lista dos 50. Que é precisamente  o número de pasos  que se deben  tomar para constuir a túa propia marca persoal.

Tom  fálanos da nova revolución da metodoloxía no traballo das oficinas e a necesidade de adaptarse aos novos tempos, para rachar ante unha realidade de futuro incerto e monotonía no traballo.

Deixovos unha ligazón da devandita publicación e tamén un video.

LIGAZÓN

http://www.tompeters.co.uk/pages/toolbox_brand.htm

VÍDEO